Reto Día das Letras Galegas. Actualizado

O grupo Uxía A Lambona nos envía este vídeo :)




Boas tardes!!!

Como levades a semana?
Paso por aquí para propoñervos un RETO, pero esta vez máis difícil que os anteriores. Coma sempre é voluntario, se vos é difícil non hai ningún problema se non o facedes. Desde o colexio A Igrexa Valadares, nos propuxeron para celebrar o Día das Letras Galegas, unirnos varios colexios á idea de gravar a canción “Verdescente” de Uxía Lambona, é dicir, facer cada colexio unha gravación individual e despois as compartimos cos colexios participantes, ( o cole Otero Pedrayo de Castrelos, CEIP nº1 de Tui, CEIP Plurilingue Atios, etc. ).
O que tendes que facer é escoitar a canción, aprendela e logo facer un vídeo, gravarvos nun audio sobre a base musical que nos cedeu o grupo ou se non vos atrevedes, gravarvos coa canción orixinal cantando coa voz do cantante; podedes gravar o audio sen vídeo ou facer unha montaxe con imaxes de Galicia, debuxos, etc. O que se vos ocorra que sei que sodes uns artistas! O que sí que si queredes saír vós no vídeo, tendes que preguntar en casa si tendes autorización.
Podedes gravala enteira, ou un anaco, eu logo corto os audios e os pego.
A medida que os teñades podedes mandarnos ó meu correo (lauracpmusica@gmail.com), aquí temos que poñer data límite porque hai que xuntala despois, deixamos ata o 12 de maio.

Boa semana!!!!




Comentarios

Entradas populares de este blog

Fin de curso

Infantil. Semana do 13 de abril

Os vosos preciosos traballos!