2º Primaria. Semana do 20 de abril

2º Primaria:

Ola de novo!! Que tal estades? Veña, que xa é outra semana menos para volver á normalidade.

Como foron as actividades da semana pasada? Aquí temos as desta.

- Co seguinte vídeo imos repasar as notas musicais, primeiro presentaranse e despois cantamos con elas: 



Que instrumento toca cada unha?

-         A continuación, facemos o xogo rítmico, recordade que nas negras temos que dar unha palmada e dicir “ta” e nas corcheas damos nas pernas e dicimos “ti-ti”. Podedes coller dous lapis, dúas culleres, rotus... e percutir os ritmos con eles. A dobre barra o final con dous puntos significaba que temos que repetilo.





-       Agora imos continuar coa actividade da semana pasada das tapas, pero esta vez imos escribir en elas ritmos (como vos amoso nas fotografías), primeiro tendes que adiviñar en que compás está a primeira imaxe fixándovos no ritmo que debuxei, despois tendes que crear os vosos ritmos tendo en conta que vos pido un ¾ ( en cada compás ten que haber tres pulsos):






-       Fixádevos nos seguintes debuxos, a que compositor pertencía esta obra?




-       E por último, como esta semana celebraríamos o Día do Libro, déixovos a canción que realizaríamos todos xuntos, cando volvamos ao colexio a faremos :)

Unha aperta enorme!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Fin de curso

Infantil. Semana do 13 de abril

Os vosos preciosos traballos!