Infantil. Semana 11 de maio

Bos días! Como levades esta semana? Espero que o esteades pasando en grande nos paseos :)
Deixo estos tres vídeos, por se queredes practicar. No primeiro xogamos cos ritmos que vimos na clase, con "ta" e "titi", podedes facelo co corpo como facemos na clase, ou coller dúas cores, rotus e imaxinar que son os instrumentos de percusión da aula. Nos dous seguintes vídeos é para que adiviñedes os sons.
Recordade que se queredes participar no vídeo das Letras Galegas, aínda estades a tempo, ampliamos o prazo ao día 14 de maio. Unha aperta enorme a todos!!!! E moito ánimo que o estades fazendo moi ben.









Comentarios

Entradas populares de este blog

Fin de curso

Infantil SEMANA 23 DE MARZO