Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2020

6º Primaria. Semana do 30 de marzo

Imagen
Ola a todos e todas!!!! Como levades estos días? - Imos ver unha breve introdución do Renacemento, despois en clase explicaremos todo, pero para que vos vaia soando: - Continuamos practicando a canción de "We will rock you" (a repartimos en clase, sen alguén non a ten que me escriba ao correo). - Para clasificar os instrumentos deixo o seguinte xogo, extraído da páxina de María Jesús: http://mariajesuscamino.com/LIM/instrumentos1/ En breves actualizarei o reto para todo o colexio. Que teñades boa semana!!

5º Primaria. Semana do 30 de marzo

Imagen
Ola a todos e todas!!! Como levades estas semanas? Espero que non vos esteades aburrindo moito, seguro que atopáchedes cousas moi chulas para facer. Imos coa terceira semana: - Rercordades a canción africana  "Kokoleokó" ? O ano pasado a cantamos, pois este ano imos a aprender a tocala na frauta, pero primeiro, recordamos a letra e a cantamos.  O xogo de palmas o facíamos igual pero só na primeira parte (parte A), a segunda parte (B), facíamos unha reverencia coas mans xuntas e realizábamos o cambio de parella: - Para a partitura deixo a páxina de Nerea Seijo, aquí tendes a opción de tocar só co acompañamento instrumental, ou coa canción, pero primeiro tendes que ver ben a partitura sen correr. A posición do do' era como o la, pero levantando o primeiro dedo da man esquerda. De todas formas, tendes nas vosas frautas as posicións que viñan no papel ( se non tendes en casa a carpeta de música onde tamén as temos) e ahí na páxina podedes ir onde pon "Posi

4º Primaria. Semana do 30 de marzo

Imagen
Ola a todos e todas!!!! Como levades estas semanas?? Deixo as actividades para esta semana por aquí: - Comezamos cunha partitura nova "Canon para dúas frautas", aparecen as notas sol, la e si que xa coñecemos e incluímos a nota do', recordar que é a nota que aparece no terceiro espazo do pentagrama, porque é do agudo. Tendes que tocar o pentagrama de arriba, e se tendes irmáns ou algún familiar que se atreva a tocalo, podedes practicar o canon, se non, nos vos preocupedes que á volta o tocamos xuntos! Recordar que para tocar o canon a dúas voces, a primeira voz comeza desde o principio e a segunda voz ten que esperar os dous primeiros compases sen tocar e entrar no terceiro compás, como a melodía é a mesma, acabará primeiro a primeira voz. Se tendes algunha dúbida escribídeme! A nota do' é como o la que xa coñecemos pero temos que levantar o primeiro dedo, é dicir, deixar sen tapar o primeiro buraco de diante. https://musicberceo.wixsite.com/click-on

Infantil. Semana do 30 de marzo

Imagen
Bos días!!!! Xa entramos na terceira semana e en nada esperemos estar de volta. Teño moitas ganas de volver a estar no cole! Pero mentres non podemos voltar, deixo por aquí algunha actividade: - A canción "La orquesta" onde podedes ver instrumentos que xa coñecemos: - Repasamos as notas con esta canción: - Para movernos un pouquiño temos a canción que bailamos na clase, "Fun o mercado"de María Fumaça: - E por último para o ritmo temos o seguinte xogo, recordade dar palmada e dicir "ta" coa negra e "ti-ti" coas corcheas e nas pernas: Por agora é todo, colgarei as actividades para todo o cole por se queredes participar. Un abrazo xigante!!!!

3º Primaria. Semana do 30 de marzo

Imagen
Ola!!! Que tal levades a semana? Seguro que pronto nos vemos pero mentras aquí vos deixo unha serie de xogos: - Aquí tendes que estar moi atentos e escoitar o ritmo que vai facer dándolle ó altavoz, logo tendes que pinchar na figura que sooou en cada pulso. Xa me contaredes se é moi difícil: https://aprendomusica.com/const2/30dictadoritmico1/dictadoritmico1.html - Introducimos unha nova canción coa frauta, as notas son as que xa sabemos (si e la), o silencio grande do principio co  2 enriba, significa que tendes que esperar dous compases enteiros. Podedes tocar coa música, por iso vos vai ser moi fácil facer o ritmo ben: http://paolaoliva.wix.com/troppy - E para acabar, deixo un vídeo onde repasamos as figuras: Que pasedes unha boa semana!!!

2º Primaria, semana do 30 de marzo

Imagen
Ola!!! Xa entramos na última semana de marzo, en nada seguro que xa podemos voltar ó colexio! - Para practicar o ritmo o faremos con este xogo, pero é máis difícil que as outras semanas porque agora tendes que adiviñar que ritmo tocaron. Hai tres ritmos e van tocar un, tendes que saber cal é, o van a repetir dúas veces e logo hai un tempiño para que o pensedes e elixades...xa me contaredes se vos resulta sinxelo! Seguro que si. Ahí vai: - A canción que vos propoño esta semana é "Pan de millo" igual algúns xa a coñecedes, ten moito ritmo e fácil de aprender, á volta a tocamos e cantamos todos xuntos: - Por último, recordades as claves de sol que fixemos todos no encerado? Pois agora tendes a oportunidade de facela con este xogo, tendes o lapis e o borrador, recordar que é  a clave que lles da nome as notas: https://aprendomusica.com/const2/13dibujaclavesol/dibujaclavesol.html Un abrazo enorme!!!

1º Primaria. Semana do 30 de marzo

Imagen
Ola a todos e todas!! Espero que esteades levando ben a semana.  - Para seguir co ritmo, aquí tendes "O Crebanoces" de  Chaikovski,  recordade esperar o compás antes de comezar, facer as negras "ta" coa palmada, corcheas "ti-ti" nas pernas e o silencio temos que estar caladiños e  caladiñas: - Para recordar a nota mi imos a cantar a canción que xa coñecedes: - Para cantar empregando a pregunta-resposta imos a aprender esta nova canción, podedes cantar cos vosos irmáns, pais, avós...e se non lles gusta cantar, non vos preocupedes, que en canto poidamos volver o faremos na clase!: - Para seguir practicando a clave de sol, a clave que lle da nome ás notas, deixo o seguinte xogo, tendes que coller o lapis e copiar o modelo, tamén tendes o borrador que podedes usar: https://aprendomusica.com/const2/13dibujaclavesol/dibujaclavesol.html - E para repasar as familias de instrumentos aquí vai o vídeo da familia de percusión

PARA TODO O COLEXIO. A PRIMAVERA DE VIVALDI

Imagen
Ola!!! Como sabedes xa entramos na primaveira! Por iso propóñovos unha actividade para todo o colexio. Desde principio de curso vimos como a música nos evoca moitas emocións, para a maioría boas, pero tamén nos asusta nunha película de medo ou nos sorprende. A actividade que imos facer é a seguinte: temos que coller un folio, un lapis, goma e cores, e poñer de fondo a seguinte música que é "A Primavera" de Vivaldi, xa sabedes que pertence a obra As Catro Estacións, mentras soa, tendes que facer un debuxo co que vos está transmitindo a música, sairán moitos debuxos diferentes coa mesma música, e iso será o bonito desta actividade. Veremos as diferentes emocións que nos transmite esta obra. Cando o teñades podedes mandarmo o meu correo e eu interei facer un vídeo con todos os vosos debuxos, se non, o chegar ao cole os expoñeremos. Moito ánimo con esta semana! En breves estaremos decorando a clase con esta nova estación! Un abrazo a todas e todos!

5º DE PRIMARIA, SEMANA DO 23 DE MARZO

Imagen
Bos días!!!! Como estades levando estos días sen clase?? Imos a intentar seguir a clase de música por este Blog, mentras non podemos volver ao cole, polo tanto estar pendentes das novidades! - Para practicar o ritmo , temos este vídeo, recordar que as negras chamámoslles "ta" e damos unha palmada, as corcheas "ti-ti" e damos dous golpes nas pernas con mans separadas e a branca con palmanda e dicimos "ta_a": A continuación, deberedes adiviñar que ritmo sonou: Co seguinte xogo seguimos intentando adiviñar os ritmos, ¿Sodes capaces? https://aprendomusica.com/const2/09negraysilencio/negraysilencio.html - Continuando cos musicogramas feitos na clase, imos acompañar o seguinte que é La Mañana, Peer Gynt de Edvard Grieg, tendes que acompañar os debuxos grandes con palmadas (negras) e os pequenos con golpes nas pernas (corcheas): - Recordar repasar a partitura "Melodía" e a canción "Nun Libro". Tendes m

4º de Primaria, semana do 23 de marzo

Bos días a todos!! Espero que non vos esteades aburrindo moito. Para poder seguir aprendendo coa música, irei subindo aquí diferentes actividades. - Comezamos con xogo rítmico, recordar que as negras as faremos coas palmadas e dicindo "ta", as corcheas nas pernas con "ti-ti" https://www.youtube.com/watch?v=4vZ5mlfZlgk&list=PLeNXPN1324XQJN5pRM08oOo2qpIRPguTz https://www.youtube.com/watch?v=bPnIvVXnkbE Nesta última, a ver se sodes capaces de acompañar o ritmo con dous obxectos e cantala o mesmo tempo sen cambiar o ritmo. - Recordar repasar a canción Nun Libro e a partitura "Melodía". Tendes máis xogos na entrada de todo o alumnado. Seguir atentos e atentas ao Blog que continuaremos! Un abrazo

3º PRIMARIA semana do 23 de marzo

Bos días !!! Para poder estar en contacto aínda que non tiñamos clase irei poñendo por aquí as actividades. -Para continuar co traballo rítmico, deixo o seguinte vídeo, recordar que as negras as faremos con palmadas, as corcheas nas pernas e o silencio intentamos xa permanecer sen dicir nada. Depois, podedes coller dous obxectos que teñades na casa, como dous lapis para facer o ritmo. https://www.youtube.com/watch?v=Y7zNN1o0pXA https://www.youtube.com/watch?v=qC3ZlV0ppAc - Para repasar as familias de instrumentos vos deixo este xogo onde deberedes emparexar o nome co seu debuxo: https://aprendomusica.com/swf/Memory_InstrumVientoNombres_esp.htm Recordar repasar as notas coa flauta (sol, la e si) e a canción Nun Libro. Na outra entrada tendes máis xogos para practicar. Moito ánimo!

2º PRIMARIA, SEMANA DO 23 DE MARZO

Ola a todos e todas!! Como estades? Imos a pola segunda semana! - Para comenzar, faremos o seguinte xogo rítmico e recordade: a negra vale un pulso e facemos unha palmada e dicimos "ta", a corchea vale medio pulso, polo tanto necesitamos dúas corcheas para completar o pulso, e as realizamos dando coas mans alternas nas pernas e dicindo "ti-ti", por último o silencio de negra vale un pulso e dicíamos "shh" ( cando o fagadades por segunda vez, recordar intentar non facer o "shhh" e manter o silencio): https://www.youtube.com/watch?v=Y7zNN1o0pXA - Agora temos que estar moi atentos porque...deberedes adiviñar que son sonou!  https://www.youtube.com/watch?v=wFzDz-g3MJw - Seguimos cunha canción para repasar as notas!: https://www.youtube.com/watch?v=K7WloQpRCXM Fixádevos ben onde se colocan. Por último, rétovos a que xoguedes a este trivial e o completedes! Podedes xogar con outra persoa, xa me contaredes se o su

1º PRIMARIA, SEMANA 23 DE MARZO

Boas tardes!! Deixo por aquí o de esta semana: - Para traballar o ritmo temos a seguinte canción: https://www.youtube.com/watch?v=Wk43IDUQmTk&list=PLeNXPN1324XSZFyW2hnaIFGw9a2dyXbXX Cando saen as negras dan palmas e din "ta", cando aparecen as corcheas "ti-ti" e palmas nas pernas, a branca din "ta_a" con unha palmanda máis longa. - Para repasar as notas musicais temos as siguientes cancións: https://www.youtube.com/watch?v=Fqqe0N--Q9Q https://www.youtube.com/watch?v=789V7TNT1xQ - Para repasar os instrumentos de vento madeira: https://www.youtube.com/watch?v=T5YchF4Pgro Noutra entrada podedes acceder a ruleta de Pasapalabra de instrumentos musicais. - Para bailar: https://www.youtube.com/watch?v=HRs7Dfxl2-c - Xogo onde tendes que atrapar as notas! https://aprendomusica.com/const2/03atrapanotas/atrapanotas.html Moito ánimo para estos días!! Espero que pronto nos vexamos en clase!

Infantil SEMANA 23 DE MARZO

Boas tardes! Por se podedes traballar cos peques, deixo por aquí unhas actividades que lles gustan: - Para traballar as calidades do son: https://www.youtube.com/watch?v=-rARjlwkX7k https://www.youtube.com/watch?time_continue=56&v=lUYEvCly8Fo&feature=emb_logo Co vídeo dos xigantes e enaniños, os nenos e nenas van camiñando con pasos pesados e os brazos en alto, cando pasean os enaniños, andan agochadiños de puntiñas. - Co seguinte vídeo posto na clase, cantamos e bailamos ao ritmo que nos vai marcando a canción: https://www.youtube.com/watch?v=RNeO4MntTaA - Para recoñecer os instrumentos musicais: https://www.youtube.com/watch?v=1DaJj5rE46U Cando acaban os instrumentos, hai outros sons, que tamén nos serven para a discriminación auditiva. - Para practicar ritmos empregamos entre outras cousas este vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=4vZ5mlfZlgk Cando saen as negras dan unha palmada e din "ta" e cando aparecen as corcheas dan nas pernas dic

6º DE PRIMARIA, SEMANA DO 23 DE MARZO, Idade Media 6º

Imagen
Bos días! Espero que esteades levando ben estos días! Imos poñer por aquí as actividades de música para poder seguir coas clases, calquera dúbida, tendes o meu correo para escribirme. - En canto a frauta, tendes que repasar a partitura do Himno da Alegría , como prácticamente xa saía, engado o que comezamos a ver: Primeiro a acompañamos con percusión corporal co ritmo que sae no vídeo, despois practicamos coa frauta coas notas do, si, la, sol, lala. - Como en clase non nos deu tempo a poñer os vídeos dos instrumentos da Idade Media, deixo o seguinte enlace onde os podedes ver, moitos saían nos vosos traballos: https://www.youtube.com/watch?v=aMANiMXYVDY E un vídeo resumo da Idade Media: https://www.youtube.com/watch?v=02PuDQ8jbWI Recordar que os que non me entregáchedes o traballo o tendes que facer. Ánimo con estes días.

Música coas TICS

E aquí vai a páxina que os de 4ºB xa coñecen de informática do ano pasado, son un montón de xogos interactivos para repasar ou aprender contidos que aínda non vimos. Tendes unha serie de apartados onde podedes repasar: ritmos, instrumentos, frauta, etc. Os de 6º tendes O Himno á alegría para poder practicar. Tendes que ir o apartado Frauta e seleccionades a que queredes. Xa me contaredes que vos parece na clase! https://aprendomusica.com/index.htm

Canción Día do Libro

Imagen
Bos días! Deixo a canción que comezamos a preparar na clase para o Día do Libro, xa sabedes que aquí está incompleta (a que tiña era a pista do CD), pero polo menos para que non se vos esqueza: https://www.youtube.com/watch?v=x-GqfB27-ek Ánimo!
Bos días a todos e a todas! Fixen este Blog para poder ir subindo as actividades e xogos de repaso e sigamos tendo música, aínda que sexa desta maneira! Por suposto, non é obrigatorio que fagades as tarefas. Nesta ocasión deixo uns xogos que fixen de repaso: - Aquí temos un Pasapalabra, sobre instrumentos musicais, do estilo que fixemos na clase: https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5224151-sopa_de_letras.html - Aquí un encrucillado: https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5224060-figuras_musicais.html - E por último unha sopa de letras: https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5223719-repaso.html Espero que non vos esteades aburrindo moito!!