4º Primaria. Semana do 30 de marzo
Ola a todos e todas!!!!
Como levades estas semanas??
Deixo as actividades para esta semana por aquí:
- Comezamos cunha partitura nova "Canon para dúas frautas", aparecen as notas sol, la e si que xa coñecemos e incluímos a nota do', recordar que é a nota que aparece no terceiro espazo do pentagrama, porque é do agudo. Tendes que tocar o pentagrama de arriba, e se tendes irmáns ou algún familiar que se atreva a tocalo, podedes practicar o canon, se non, nos vos preocupedes que á volta o tocamos xuntos! Recordar que para tocar o canon a dúas voces, a primeira voz comeza desde o principio e a segunda voz ten que esperar os dous primeiros compases sen tocar e entrar no terceiro compás, como a melodía é a mesma, acabará primeiro a primeira voz. Se tendes algunha dúbida escribídeme! A nota do' é como o la que xa coñecemos pero temos que levantar o primeiro dedo, é dicir, deixar sen tapar o primeiro buraco de diante.
- Aquí deixo o xogo do Trivial para repasar contidos:
- Para seguir practicando o ritmo:
En canto poida subo as actividades para todo o colexio, atentos ó Blog.
Que pasedes unha boa semana!!!!
Moitísimas grazas Laura agora xa estudo mellor.
ResponderEliminarMoitos bicos da miña parte! Un saúdo
de Martina.4.B
Gracias a vós por seguir participando das actividades!! Encántame recibir noticias vosas :)
EliminarA vós por seguir desde a distancia participando!!!
ResponderEliminar