1º Primaria. Semana do 30 de marzo
Ola a todos e todas!!
Espero que esteades levando ben a semana.
- Para seguir co ritmo, aquí tendes "O Crebanoces" de Chaikovski, recordade esperar o compás antes de comezar, facer as negras "ta" coa palmada, corcheas "ti-ti" nas pernas e o silencio temos que estar caladiños e caladiñas:
- Para cantar empregando a pregunta-resposta imos a aprender esta nova canción, podedes cantar cos vosos irmáns, pais, avós...e se non lles gusta cantar, non vos preocupedes, que en canto poidamos volver o faremos na clase!:
- Para seguir practicando a clave de sol, a clave que lle da nome ás notas, deixo o seguinte xogo, tendes que coller o lapis e copiar o modelo, tamén tendes o borrador que podedes usar:
- E para repasar as familias de instrumentos aquí vai o vídeo da familia de percusión:
Un abrazo a todos e todas!
Comentarios
Publicar un comentario