2º PRIMARIA, SEMANA DO 23 DE MARZO
Ola a todos e todas!!
Como estades? Imos a pola segunda semana!
- Para comenzar, faremos o seguinte xogo rítmico e recordade: a negra vale un pulso e facemos unha palmada e dicimos "ta", a corchea vale medio pulso, polo tanto necesitamos dúas corcheas para completar o pulso, e as realizamos dando coas mans alternas nas pernas e dicindo "ti-ti", por último o silencio de negra vale un pulso e dicíamos "shh" ( cando o fagadades por segunda vez, recordar intentar non facer o "shhh" e manter o silencio):
- Agora temos que estar moi atentos porque...deberedes adiviñar que son sonou!
- Seguimos cunha canción para repasar as notas!:
Fixádevos ben onde se colocan.
Por último, rétovos a que xoguedes a este trivial e o completedes! Podedes xogar con outra persoa, xa me contaredes se o superades!
Moito ánimo para esta semana! Un abrazo a todos
Comentarios
Publicar un comentario