Infantil SEMANA 23 DE MARZO

Boas tardes!

Por se podedes traballar cos peques, deixo por aquí unhas actividades que lles gustan:

- Para traballar as calidades do son:

https://www.youtube.com/watch?v=-rARjlwkX7k

https://www.youtube.com/watch?time_continue=56&v=lUYEvCly8Fo&feature=emb_logo

Co vídeo dos xigantes e enaniños, os nenos e nenas van camiñando con pasos pesados e os brazos en alto, cando pasean os enaniños, andan agochadiños de puntiñas.

- Co seguinte vídeo posto na clase, cantamos e bailamos ao ritmo que nos vai marcando a canción:

https://www.youtube.com/watch?v=RNeO4MntTaA

- Para recoñecer os instrumentos musicais:

https://www.youtube.com/watch?v=1DaJj5rE46U

Cando acaban os instrumentos, hai outros sons, que tamén nos serven para a discriminación auditiva.

- Para practicar ritmos empregamos entre outras cousas este vídeo:

https://www.youtube.com/watch?v=4vZ5mlfZlgk

Cando saen as negras dan unha palmada e din "ta" e cando aparecen as corcheas dan nas pernas dicindo "ti-ti". Poden practicalo con diferentes materiais da casa ou xogar a facer imitacións cos adultos.

Espero que vos sirvan para que polo menos se entreteñan na casa e disfruten! Moito ánimo a todos e todas! Agardo que pronto todo isto o poidamos facer no cole!
Un abrazo enorme!


Comentarios

  1. ¡Muchas gracias, Laura!
    Saludos y ánimo,

    Noelia (mamá de Antón)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡Gracias a vosotros! Un beso enorme para Antón de mi parte

      Eliminar
  2. Gracias Laura! Todo ayuda! Animo para todos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias a vosotros y mucho ánimo. Espero verlos pronto

      Eliminar
  3. Moitas grazas practicando así tamén hembra a clases que ten moita morriña

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas a vós! Eu tamén teño moita morriña e estou desexando velos.

      Eliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Fin de curso