Deixo a canción que comezamos a preparar na clase para o Día do Libro, xa sabedes que aquí está incompleta (a que tiña era a pista do CD), pero polo menos para que non se vos esqueza:
Bos días a todos e a todas! Fixen este Blog para poder ir subindo as actividades e xogos de repaso e sigamos tendo música, aínda que sexa desta maneira! Por suposto, non é obrigatorio que fagades as tarefas. Nesta ocasión deixo uns xogos que fixen de repaso: - Aquí temos un Pasapalabra, sobre instrumentos musicais, do estilo que fixemos na clase: https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5224151-sopa_de_letras.html - Aquí un encrucillado: https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5224060-figuras_musicais.html - E por último unha sopa de letras: https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5223719-repaso.html Espero que non vos esteades aburrindo moito!!
Boas tardes! Por se podedes traballar cos peques, deixo por aquí unhas actividades que lles gustan: - Para traballar as calidades do son: https://www.youtube.com/watch?v=-rARjlwkX7k https://www.youtube.com/watch?time_continue=56&v=lUYEvCly8Fo&feature=emb_logo Co vídeo dos xigantes e enaniños, os nenos e nenas van camiñando con pasos pesados e os brazos en alto, cando pasean os enaniños, andan agochadiños de puntiñas. - Co seguinte vídeo posto na clase, cantamos e bailamos ao ritmo que nos vai marcando a canción: https://www.youtube.com/watch?v=RNeO4MntTaA - Para recoñecer os instrumentos musicais: https://www.youtube.com/watch?v=1DaJj5rE46U Cando acaban os instrumentos, hai outros sons, que tamén nos serven para a discriminación auditiva. - Para practicar ritmos empregamos entre outras cousas este vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=4vZ5mlfZlgk Cando saen as negras dan unha palmada e din "ta" e cando aparecen as corcheas dan nas pernas dic...
Bos días? Como foi a semana? Deixo por aquí as novas actividades. Moito ánimo! - Co seguinte vídeo imos repasar o compás de 4/4 e 3/4 (Cando lle chama tres cuartos refírese a tres por catro): La marcha del compás (3/4) - Co seguinte xogo teredes que completar as calidades do son: Completa as calidades do son - Comezamos cunha nova partitura "A Rianxeira", sabedes que se queredes me podedes mandar vídeos tocando, todo é voluntario: A Rianxeira Unha aperta enorme!!
Ola. Podes colgar tamen a letra da canción "Nun libro" certas pasaxes non as recordamos ben e necesitamos repasar. Grazas.
ResponderEliminar