Deixo a canción que comezamos a preparar na clase para o Día do Libro, xa sabedes que aquí está incompleta (a que tiña era a pista do CD), pero polo menos para que non se vos esqueza:
Bos días a todos e a todas! Fixen este Blog para poder ir subindo as actividades e xogos de repaso e sigamos tendo música, aínda que sexa desta maneira! Por suposto, non é obrigatorio que fagades as tarefas. Nesta ocasión deixo uns xogos que fixen de repaso: - Aquí temos un Pasapalabra, sobre instrumentos musicais, do estilo que fixemos na clase: https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5224151-sopa_de_letras.html - Aquí un encrucillado: https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5224060-figuras_musicais.html - E por último unha sopa de letras: https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5223719-repaso.html Espero que non vos esteades aburrindo moito!!
Ola!!! Como sabedes xa entramos na primaveira! Por iso propóñovos unha actividade para todo o colexio. Desde principio de curso vimos como a música nos evoca moitas emocións, para a maioría boas, pero tamén nos asusta nunha película de medo ou nos sorprende. A actividade que imos facer é a seguinte: temos que coller un folio, un lapis, goma e cores, e poñer de fondo a seguinte música que é "A Primavera" de Vivaldi, xa sabedes que pertence a obra As Catro Estacións, mentras soa, tendes que facer un debuxo co que vos está transmitindo a música, sairán moitos debuxos diferentes coa mesma música, e iso será o bonito desta actividade. Veremos as diferentes emocións que nos transmite esta obra. Cando o teñades podedes mandarmo o meu correo e eu interei facer un vídeo con todos os vosos debuxos, se non, o chegar ao cole os expoñeremos. Moito ánimo con esta semana! En breves estaremos decorando a clase con esta nova estación! Un abrazo a todas e todos!
Bos días a todos e a todas!!! Para despedir o curso deixo un xogo da ruleta de Pasapalabra con repaso dos contidos do curso e unha proposta para que construiades vós os vosos propios instrumentos musicais e que podedes mandarme fotos ou vídeos con eles o correo de sempre :) (lauracpmusica@gmail.com). No vídeo hai un exemplo de materiais de refugallo e un exemplo de sons con vasos de suga, para que experimentedes. Pasapalabra Quero dicirvos que pasedes un verano xenial, que o merecedes un montón e que aínda que cambie de cole, sempre me vou a acordar un montón de todos vós. Un bico enorme a todos e a todas, vémonos pola púa!!!!
Ola. Podes colgar tamen a letra da canción "Nun libro" certas pasaxes non as recordamos ben e necesitamos repasar. Grazas.
ResponderEliminar