1º De primaria. Semana do 20 de abril
Ola de novo!! Que tal estades? Veña, que xa é outra semana menos para volver á normalidade.
Como foron as actividades da semana pasada? Aquí temos as desta.
- Deberás atopar na sopa de letras o nome de 5 instrumentos de vento metal:
- Con este vídeo repasamos os instrumentos da familia de corda:
- A continuación, facemos o xogo rítmico, recordade que nas negras temos que dar unha palmada e dicir “ta” e nas corcheas damos nas pernas e dicimos “ti-ti”. Podedes coller dous lapis, dúas culleres, rotus... e percutir os ritmos con eles. A dobre barra o final con dous puntos significaba que temos que repetilo.
- Déixovos un modelo da clave de sol para que a practiquedes repasándoa cos materiais que queirades, eu por exemplo, a fixen con lentellas e con plastilina. Podedes ensinarme as vosas claves de sol mandándome as fotiños ao correo (lauracpmusica@gmail.com).
- E por último, como esta semana celebraríamos o Día do Libro, déixovos a canción que realizaríamos todos xuntos, cando volvamos ao colexio a faremos.
Unha aperta moi grande para todos!
Comentarios
Publicar un comentario