Infantil. Semana do 20 de abril

Ola de novo!! Que tal estades? Veña que xa é outra semana menos para volver á normalidade.

Como foron as actividades da semana pasada? Aquí temos as desta.

-       Para repasar os instrumentos de percusión temos o vídeo de Peppa Pig que vimos na clase (os catro primeiros minutos):



Que instrumento che gusta máis? Cales son os de percusión? Que instrumentos saen nos debuxos que non son de percusión?


- Co seguinte vídeo imos repasar as notas musicais, primeiro presentaranse e despois cantamos con elas: 



Que instrumento toca cada unha?

A continuación, temos que escoitar os sons que soan e adiviñalos:



Sinxelo? Pois agora fixádevos en que sons escoitades dentro da casa, e se saídes a ventá? Que sons botades de menos escoitar cando podíamos saír?


E por último, como esta semana celebraríamos o Día do Libro, déixovos a canción que realizaríamos todos xuntos, cando volvamos ao colexio a faremos J





Un bico xigante!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Fin de curso

Infantil. Semana do 13 de abril

Os vosos preciosos traballos!