3º Primaria. Semana do 13 de abril

Boa tarde a todos e a todas!! Que tal de vacacións? Encantaríame que mo contárades en persoa, pero xa que non podemos volver ó colexio, estamos en contacto por aquí.


A ver  se sodes capaces de facer o seguinte xogo. Empregamos tres elementos de percusión corporal, dependendo  se é “Soco”, “vate” ou “vira”, para que poidades practicar primeiro despacio, podedes parar o vídeo e así colledes o tempo que queirades. O xenial será que poidades cantar e facer os xestos á vez. 

Se queredes, podedes mandarme algún vídeo facéndoo! Seguro que o conseguides!!!



Repasamos a canción "Nun libro":



E por último, déixovos a canción e o baile de "Chocolate choco choco" para mover o esqueleto, a ver se alguén na casa se anima a bailar con vós, e xa sabedes se me queredes mandar algún vídeo o meu correo (lauracpmusica@gmail.com), fotos das actividades, etc. Eu encantada!



Estade atentos á actividade que vou colgar para todo o cole.

Unha aperta moi grande!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Fin de curso

Infantil. Semana do 13 de abril

Os vosos preciosos traballos!