Bos días!! Como foi a semana? Aquí vos deixo as seguintes actividades: - Comezamos cun vídeo de repaso da clasificación dos instrumentos: - Un vídeo no que tendes que acompañar a canción coa percusión corporal que se vos propón: - Aquí deberedes buscar na sopa de letras os instrumentos de corda: Corda - E nesta os de vento madeira: Vento - Encrucillado musical: Encrucillado - Encrucillado das calidades do son: Calidades do son Unha aperta!!
Ola!! Como foi a semana? Espero que ben. Aquí deixo as novas actividades: - Repasamos os tipos de voces co seguinte vídeo: - Aquí podemos escoitar un exemplo de cada, co engadido das voces brancas, que recordamos eran as voces dos nenos e nenas: - E aquí temos os tipos de agrupación vocais: - Aqui vos deixo un libro onde repasamos os tipos de voces e os agrupamentos vocais e onde tendes unha serie de xogos despois da teoría, tendes que darlle o signo + de arriba a dereita. Caderno xogo - Co seguinte xogo seguimos practicando estes conceptos: Aforcado - E neste tendes que contestar as preguntas: Preguntas musicais E a ver se vos atrevedes con este xogo, deberedes acertar as preguntas: Kahoot - Repasamos "Funga Alafia". Unha aperta moi grande!
Bos días a todos e a todas! Fixen este Blog para poder ir subindo as actividades e xogos de repaso e sigamos tendo música, aínda que sexa desta maneira! Por suposto, non é obrigatorio que fagades as tarefas. Nesta ocasión deixo uns xogos que fixen de repaso: - Aquí temos un Pasapalabra, sobre instrumentos musicais, do estilo que fixemos na clase: https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5224151-sopa_de_letras.html - Aquí un encrucillado: https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5224060-figuras_musicais.html - E por último unha sopa de letras: https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5223719-repaso.html Espero que non vos esteades aburrindo moito!!
Grazas, Laura. Quedou moi chulo o vídeo e gustounos moito ver os nosos debuxos.
ResponderEliminarAna (1ºA) e Roque (5ºB)