4º de Primaria. Semana do 13 de abril

Boa tarde a todos e a todas!! Que tal de vacacións? Encantaríame que mo contárades en persoa, pero xa que non podemos volver ó colexio, estamos en contacto por aquí.

Pois ben, en canto a parte musical, repasamos a partitura "Canon para dúas frautas". Como vos sae?? Podedes escribirme e contarme, e se xa vos parece moi fácil podemos aprender outra nota!

Para repasar os instrumentos musicais fixen o seguinte encrucillado, a ver se sodes capaces de resolvelo:


https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5441305-encrucillado.html

Repasamos a canción "Nun libro", coa ilusión de poder volver a tempo para cantala no Día do Libro:


E por último, déixovos a canción e o baile de "Chocolate choco choco" para mover o esqueleto, a ver se alguén na casa se anima a bailar con vós, e xa sabedes se me queredes mandar algún vídeo o meu correo, fotos das actividades, etc. Eu encantada!

Estade atentos á actividade que vou colgar para todo o cole.

Unha aperta moi grande!

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Fin de curso

Infantil. Semana do 13 de abril

Os vosos preciosos traballos!