2º Primaria. Semana do 13 de abril

Ola!!! Como leváchedes as vacacións?? Sinto que non puidésemos volver a clase, pero seguimos por aquí en contacto e para calquera cousa xa sabedes que tendes o meu correo.


Propóñovos esta semana a canción con percusión corporal de "Epo i tai tai e", é unha canción tradicional de Nova Zelanda. 
O primeiro paso é aprenderse a canción.
Despois practicamos o acompañamento coa percusión corporal. Hai varios niveis de dificultade a ver se conseguidos chegar o último!


A continuación, imos repasar os instrumentos musicais, a ver se os atopades neste encrucillado:

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5441305-encrucillado.html

Repasamos a canción de Paco Nogueiras, "Nun Libro":


E por último, vou poñer unha actividade para todo o cole noutra entrada, se vos animadas a facelas, podedes mandarme algún vídeo, foto... o que queirades!!
Un bico moi forte!!




Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Fin de curso

Infantil. Semana do 13 de abril

Os vosos preciosos traballos!