3º Primaria. Semana do 20 de abril

Ola de novo!! Que tal estades? Veña, que xa é outra semana menos para volver á normalidade.

Como foron as actividades da semana pasada? Aquí temos as desta.

-       Imos continuar coa actividade da semana pasada das tapas, pero esta vez imos escribir en elas ritmos (como vos amoso nas fotografías), primeiro tendes que adiviñar en que compás está a primeira imaxe fixándovos no ritmo que debuxei, despois tendes que crear os vosos ritmos tendo en conta que vos pido un ¾ ( en cada compás ten que haber tres pulsos):




-       Para repasar as figuras imos facer as seguintes sumas musicais, podedes coller as vosas tapas e facelo, ou debuxar as figuras que vos propoño. Por exemplo, se sumamos unha branca e unha negra temos 3, porque a branca vale 2 pulsos e a negra 1.



-       Agora repasamos as voces femininas e masculinas e para iso temos o seguinte xogo, tendes que darlle abaixo onde pon “Proceed”.


       Tipos de voces

-       Aprendemos coa frauta unha canción nova, “Gently sleep”, como vedes, ahí sae o debuxo das posicións dos dedos en cada nota, polo que axuda moito á hora de tocar.



-       E por último, como esta semana celebraríamos o Día do Libro, déixovos a canción que realizaríamos todos xuntos, cando volvamos ao colexio a faremos.


Un bico enorme!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Fin de curso

Infantil. Semana do 13 de abril

Os vosos preciosos traballos!