4º Primaria. Semana do 27 de abril

Bos días!!

Como leváchedes esta semana? Xa saíchedes a rúa?

Aquí vos deixo as novas actividades:


- Con este vídeo "La marcha del compás" repasamos os compases que vimos na clase e cantamos as notas, ata o minuto 5'20'', que é onde acaba o xogo do compás 3/4, o seguinte o deixamos para a próxima clase.



- Sodes capaces de completar os seguintes compases? Non fai falta que a imprimades, nun folio que ocupa moi pouco:




E por último, déixovos a canción e o baile de "Chocolate choco choco" para mover o esqueleto, a ver se alguén na casa se anima a bailar con vós, e xa sabedes se me queredes mandar algún vídeo o meu correo (lauracpmusica@gmail.com), fotos das actividades, etc. Eu encantada!



Fixádevos na entrada para todo o cole que vou poñer ahí a canción para o Día das Letras Galegas.
Unha aperta moi forte!!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Fin de curso

Infantil. Semana do 13 de abril

Os vosos preciosos traballos!