6º de Primaria. Semana do 13 de abril

Ola!!! Que tal foron as vacacións? Gustaríame que fose unha semana de benvida no cole, pero xa que non podemos, continuamos por aquí coas actividades.

Primeiramente, seguimos repasando a canción coa frauta de "We will rock you". Como a levades? Xa vos sae? Se a tendes clara avisádeme e continuamos.

Para facer un repaso dos contidos musicais, podedes tratar de facer o seguinte xogo, un Trivial musical, a ver se sodes capaces! Podedes xogar con alguén da casa se se anima :)


Seguimos coa canción "Nun libro" de Paco Nogueiras para o Día do Libro:



E por último, estade atentos e atentas o Blog que subirei unha actividade para realizar todo o cole.

Unha aperta!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Fin de curso

Infantil. Semana do 13 de abril

Os vosos preciosos traballos!