Infantil. Semana do 13 de abril

Bos días a todos e a todas!! Que tal de vacacións? Encantaríame estar con vós, pero xa que non podemos volver ó colexio, estamos en contacto por aquí.



Primeiro, déixovos unha canción dun xogo de percusión corporal que vimos na clase:




A continuación, imos ter que adiviñar os instrumentos que nos presenta Larry, recordar que primeiro temos que escoitalo e logo aparecerá o debuxo:



Preséntovos un novo xogo, so necesitades facer estreliñas de cores e repartilas por toda a casa, xardín... facendo un caminiño, despois coa música de “Twinkle twinkle little star” seguimos o pulso pisando as estreliñas. Como sabedes esta canción popular ten numerosas variacións, “Estrellita ¿Dónde estás?” ou ”Campanita de Lugar” o mesmo Mozart realizou 12 variacións desta canción. Deixo a música para que a poidades facer pero podedes coller a versión que queirades, e un vídeo onde fago a demostración. Podedes mandarme os vosos vídeos ou fotiños facéndoo! (Idea extraída de @mjpedagogiamusical)




Repasamos a canción "Nun libro" de Paco Nogueiras:




E para acabar esta semana, estade atentos á actividade que vou colgar para todo o cole.

Unha aperta moi grande!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Fin de curso

Os vosos preciosos traballos!