Para todo o colexio. Semana do 30 de marzo

Ola a tod@s!!!

Perdoar que coa avaliación esta semana vou os poucos subindo as cousiñas.

Espero que o esteades levando moi ben e que pronto poidamos voltar a clase.

Mentres, propóñovos o segundo reto: elaborar un cancioneiro tradicional. Nestes días supoño que moitos só poderedes falar cos vosos avós/ avoas por teléfono ou algúns teredes a sorte de poder convivir con eles, por iso a miña idea é que cando teñades ese ratiño para falar con eles lles preguntedes por algunha canción tradicional que cantaban eles cando eran máis novos, seguro que vos sorprenden coa cantidade de cancións que coñecen chulísimas. Se non podedes falar con eles, tamén podedes preguntar aos vosos pais, tíos, etc. Podedes gravarvos cantándoas con eles, sós, gravando a eles, copiar as letras das cancións... o que se vos ocorra! Todo estará xenial!!

Para os pequeniños tamén podedes pedir que vos ensinen as cancións dos xogos de palmas que tanto xogo nos daban antes, e case non se escoitan no patio :)

Xa sabedes, todos os traballos que me queirades enviar o correo non o pensedes que me encanta recibir as vosas cousiñas e ver como estades a pasar estos días. 

Por se non o recordades é lauracpmusica@gmail.com

Mentres, vou a editar os vosos traballos para subilos.

Un abrazo xigante!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Fin de curso

Infantil. Semana do 13 de abril

Os vosos preciosos traballos!