5º Primaria. Semana do 13 de abril

Boa tarde a todos e a todas!! Que tal de vacacións? Encantaríame estar con vós, pero xa que non podemos volver ó colexio, estamos en contacto por aquí.


Continuamos coa partitura para frauta de “Kokoleokó”, xa vos sae? Espero as vosas respostas para saber se podemos tocar unha nova, se queredes podedes mandarme os vosos vídeos tocando.

Imos a aprender a canción “Bim bam bi-ri”, primeiro aprendemos a letra e despois a acompañamos coa percusión corporal que aparece debuxada. Recordade que a dobre barra con dos puntiños ó final significaba repetición.





Repasamos a canción "Nun libro":



E para acabar esta semana, estade atentos á actividade que vou colgar para todo o cole.

Unha aperta moi grande!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Fin de curso

Infantil. Semana do 13 de abril

Os vosos preciosos traballos!