Ola!! Como foi a semana? Espero que ben. Aquí deixo as novas actividades: - Repasamos os tipos de voces co seguinte vídeo: - Aquí podemos escoitar un exemplo de cada, co engadido das voces brancas, que recordamos eran as voces dos nenos e nenas: - E aquí temos os tipos de agrupación vocais: - Aqui vos deixo un libro onde repasamos os tipos de voces e os agrupamentos vocais e onde tendes unha serie de xogos despois da teoría, tendes que darlle o signo + de arriba a dereita. Caderno xogo - Co seguinte xogo seguimos practicando estes conceptos: Aforcado - E neste tendes que contestar as preguntas: Preguntas musicais E a ver se vos atrevedes con este xogo, deberedes acertar as preguntas: Kahoot - Repasamos "Funga Alafia". Unha aperta moi grande!
Bos días!! Como foi a semana? Aquí vos deixo as seguintes actividades: - Comezamos cun vídeo de repaso da clasificación dos instrumentos: - Un vídeo no que tendes que acompañar a canción coa percusión corporal que se vos propón: - Aquí deberedes buscar na sopa de letras os instrumentos de corda: Corda - E nesta os de vento madeira: Vento - Encrucillado musical: Encrucillado - Encrucillado das calidades do son: Calidades do son Unha aperta!!
2º Primaria: Ola de novo!! Que tal estades? Veña, que xa é outra semana menos para volver á normalidade. Como foron as actividades da semana pasada? Aquí temos as desta. - Co seguinte vídeo imos repasar as notas musicais, primeiro presentaranse e despois cantamos con elas: Que instrumento toca cada unha? - A continuación, facemos o xogo rítmico, recordade que nas negras temos que dar unha palmada e dicir “ta” e nas corcheas damos nas pernas e dicimos “ti-ti”. Podedes coller dous lapis, dúas culleres, rotus... e percutir os ritmos con eles. A dobre barra o final con dous puntos significaba que temos que repetilo. - Agora imos continuar coa actividade da semana pasada das tapas, pero esta vez imos escribir en elas ritmos (como vos amoso nas fotografías), primeiro tendes que adiviñar en que compás está a primeira imaxe fixándovos no ritmo que debu...
Grazas, Laura. Quedou moi chulo o vídeo e gustounos moito ver os nosos debuxos.
ResponderEliminarAna (1ºA) e Roque (5ºB)